Servizos

Implementación de Sistemas Aumentativos/alternativos de Comunicación

Servizos

Acompañamos a familias de persoas autistas na implementación dun SAAC validando a comunicación da persoa, dando estratexias dende un enfoque respectuoso e utilizando a metodoloxía de Linguaxe Natural Asistido.

Método PACT

Quen somos

PACT (Pediatric Autism Communication Therapy) é unha terapia específica de comunicación para persoas autistas ou necesidades no ámbito da comunicación social desenvolta na Universidade de Manchester. O programa oriéntase a producir cambios na diada adulto-nen@ coa finalidade de mellorar a comunicación en persoas autistas.

É unha intervención mediada pola familia, quen desenvolve directamente a intervención e utiliza o videofeedback. As sesións realízanse de forma presencial ou en liña coa familia, cunha duración aproximada dunha hora e media, e teñen lugar cada dúas semanas. Entre cada sesión, as familias practican en casa uns 30 minutos diarios, dedicando ese tempo ao xogo compartido co neno ou a nena e aplicando as estratexias traballadas coa terapeuta durante a sesión.

Deste xeito, tanto o neno ou a nena como a súa familia avanzan paso a paso no desenvolvemento de habilidades comunicativas, de xogo e sociais. A medida que progresa a intervención, as destrezas adquiridas xeneralízanse de maneira natural a outras rutinas do día a día e a diferentes contornas.

Quero saber máis...

Os elementos clave en PACT oriéntanse a:

  • Desenvolver a atención compartida, a resposta do adulto e a comunicación síncrona.
  • O adulto adquire estratexias para simplificar a linguaxe, usar unha linguaxe consistente e rutinas axustadas ao nivel de desenvolvemento da linguaxe, comunicación e comprensión d@ nen@
  • Provocar n@ nen@ comunicación intencional e iniciacións
  • Nas ultimas etapas incorporar expansións e elaboracións na linguaxe do adulto para incrementar o repertorio verbal d@ nen@
  • Xeneralizar habilidades a outros contextos naturais e resto de ámbitos da vida cotiá.

Acompañamento en contexto natural

Acompañamento

Levamos a cabo a intervención en lugares onde o/a neno/a está e aprende, o seu contexto natural(fogar, colexio, parque, comunidade …)co obxectivo de xeneralizar aprendizaxes tendo en conta as necesidades de cada persoa autista e a súa familia.

Este enfoque busca aproveitar as situacións do día a día como oportunidades para apoiar o desenvolvemento, a comunicación, a interacción social e a autonomía.

Apoio individual a infancia e adolescencia autista

Apoio individual
  • Servizo de Logopedia
  • Servizo de Terapia ocupacional
  • Servizo de Psicoloxía

O noso enfoque de intervención é individualizado, desenvolvemos un traballo coordinado coa familia e o contexto educativo. O obxectivo é, comprender e acompañar as necesidades de cada nen@ ou adolescente autista, e as súas familias. Para iso e de forma colaborativa, desenvolvemos estratexias personalizadas, válidas e efectivas co fin de promover o benestar emocional, a comunicación, a socialización e autonomía.

Impartimos formación a familias, profesionais do ámbito educativo, clínico, asociacións ou entidades que acompañan a persoas autistas.

Temáticas

  • Talleres para docentes:
    • Educación inclusiva para alumnado dentro do trastorno do espectro autista.
    • Necesidades de Apoio no alumnado autista.
    • Recursos didácticos para alumnado TEA.
    • Apoio conductual positivo e Benestar emocional.
    • Implementación de SAACs.
  • Talleres para compañeir@s do centro educativo co fin de sensibilizar e promover la comprensión e a inclusión do alumnado autista.

Formación

Formación

Asesoramos a familias en formato telemático que por motivos de horarios ou proximidade non poden recibir o servizo de acompañamento presencial.

Asesorías online

Asesorías online

Ofrecemos Servizo de Evaluación e Diagnóstico mediante un proceso exhaustivo que combina a observación clínica coa administración de ferramentas específicas que foron validadas científicamente, como o ADOS (Escala de Observación para o Diagnóstico do Autismo) e o ADI-R (Entrevista Diagnóstica para o Autismo-Revisada), así como, as evaluacións de outras áreas de desenvolvemento como a linguaxe, a conduta ou o aprendizaxe.

Seguimos as indicacións das guías de boas prácticas para a evaluación e o diagnóstico e rexímonos polos sistemas de clasificación diagnóstica da saúde mental internacionalmente recoñecidos (CIE-11 y DSM-5).

Evaluación e diagnóstico

Evaluación
Aenean finibus fermentum purus et tristique. Donec at molestie tellus. Donec dignissim eleifend libero sed blandit massa mattis non. In tincidunt, ex vitae laoreet pretium, arcu nisi commodo velit et consectetur ex nulla non dolor. Mauris congue ligula nec erat egestas placerat. Praesent vitae pretium nisl. Duis vulputate rhoncus leo. Aenean finibus fermentum purus et tristique. Donec at molestie tellus. Donec dignissim eleifend libero sed blandit massa mattis non. In tincidunt, ex vitae laoreet pretium, arcu nisi commodo velit et consectetur ex nulla non dolor. Mauris congue ligula nec erat egestas placerat. Praesent vitae pretium nisl. Duis vulputate rhoncus leo.

Talleres para familias

Talleres