“Levamos dous meses co método Pact. O que nos fixo decantarnos por el, é que é o único sistema que atopamos no que os pais somos parte activa na terapia e non meros espectadores, como ocorre cando levas ao teu fillo a un centro onde o deixas e non podes estar presente.

Consideramos que os coidadores necesitamos ter ferramentas para poder axudar aos nosos fillos e este método facilítao.

A través do xogo conseguimos traballar a comunicación, as emocións, a linguaxe… Todo iso guiado a través da terapeuta.

Unha vez aprendidas estas ferramentas, vemos que se poden aplicar no día a día, non só durante o xogo, e ademais desta maneira as interiorizas e che sirven a longo plazo. Estamos contentos e moi agradecidos de habernos atopado con Sara de Pacteando, é unha gran profesional e un apoio para nós.”