“Levamos moitos anos con Ángela e Sara como terapeutas, e non poderíamos sentirnos máis afortunados. Son unhas profesionais excepcionais, pero, sobre todo, unhas persoas maravillosas.

Para nós, máis que terapeutas, convertíronse en parte da nosa familia. Acompañáronnos en cada paso, sempre adaptándose ás necesidades do neno e ás nosas como familia.

Dende o comezo, centramos a terapia no seu contorno natural e en potenciar o noso papel como familia, e elas foron as nosas guías neste proceso.

Enserñáronnos, apoiáronnos e seguen estando ao noso lado en cada novo desafío. Grazas á súa dedicación, profesionalidade, sensibilidade e cariño, o neno avanzou moitísimo, e cada día seguimos aprendendo xuntos. Non sei como habería sido o noso camiño sen haberas coñecido, pero sí sei que non poderíamos estar máis agradecidos.

Recoméndoas co corazón, 100%. Son un verdadeiro luxo nas nosas vidas.”